Axuda e asistencia ao colectivo da terceira idade
Programa destinado a posibilitar o acceso ás condicións mínimas para o mantemento dunha vida digna daquelas persoas maiores de sesenta anos, sen recursos ou perceptoras de pensións reducidas e con carencias de apoio nas súas redes sociofamiliares.
O obxectivo é mellorar a calidade de vida das persoas maiores con dificultades socioeconómicas, a través da intervención en dúas áreas:
- Dar cobertura a necesidades básicas de vivenda, alimentación e subministracións dos maiores de sesenta anos en situación de risco de exclusión social que, polo reducido dos seus ingresos, presentan serias dificultades para facer fronte aos gastos da vida diaria.
- Promocionar hábitos e condutas que melloren as súas condicións de vida, non só no ámbito socioeconómico, senón tamén no referente a hábitos de vida, a economía familiar e as relacións sociais.
O programa, cunha dotación económica de 10.000,00 euros durante o exercicio 2016, levou a cabo por medio de CÁRITAS DIOCESANA DE OURENSE, que a través dos seus servizos sociais, definiu aos beneficiarios e estableceu a intervención conforme ao seguinte protocolo: acollida - análise e deseño - intervención/desenvolvo - seguimento.
As persoas maiores con escasos recursos económicos e con carencias na área das redes sociofamiliares convertéronse na poboación obxectivo deste proxecto.
Conseguiuse paliar e previr situacións de desprotección así como situacións de privación material, en numerosas persoas maiores. Xeráronse, á súa vez, outras respostas de atención persoal, interese e seguimento, que non comportaron directamente percepción de axuda económica, pero si de benestar.
o San Pedro de Moreiras (Toén) - de febreiro a decembro
o Toén (Toén) - de outubro a decembro
o Puga (Toén) - de outubro a decembro
o San Ciprián de Viñas - de febreiro a maio
o A Valenzá (Barbadás) - de febreiro a decembro
o Piñor (Barbadás) - de febreiro a decembro
o Finca Fierro (Barbadás)- de febreiro a decembro
o Loiro (Barbadás) - de febreiro a decembro
o Santa Cruz de Arrabaldo (Ourense) – de abril a maio
Organizado en colaboración con:
- Universidade de Vigo - Vicerreitoría do Campus de Ourense
- Afaor (Asociación de familiares de enfermos de alzheimer de Ourense)
Declarado de "Interese Sanitario" pola Consellería de Sanidade
Destinatarios: Traballadores Sociais, Psicopedagogos, Psicólogos, Terapeutas ocupacionais.
Lugar: Clases teóricas: Facultade de Ciencias da Educación do Campus de Ourense
Clases prácticas: Instalacións de AFAOR
Datas de celebración: do 6 de Febreiro ao 22 Abril
Duración: 60 Horas
Nº de prazas: 20 prazas
Actos de presentación e de clausura
Celebrouse un acto de calusura na Facultade de Ciencias da Educación do Campus, que contou coa presenza de Mar García (Decana de Ciencias da Eduación), Juan Caludi Cid (Vicepresidente de Afaor) e Juan Ramón Álvarez Blanco (Presidente da Fundación Dorzán).
“Atención especializada a persoas maiores dependentes”
Declarado de "Interese Sanitario" pola Consellería de Sanidade
Lugar: Delegación territorial da Consellería de Sanidade
Clases prácticas: Residencia Dorzán-Geriatros
Data de celebración: do 3 ao 28 de outubro
Duración: 100 Horas
Nº de alumnos: 20
Ademais do temario do curso impartíronse os seguintes módulos especiais:
- “Visión médica da enfermidade. Tratamento farmacolóxico” impartido por Daniel Apolinar (Xefe de Neuroloxía - CHUO)
- “Coidados bucais e consideracións a ter en conta” impartido por Juan Gómez (Clínica CODE)
- “Consideracións legais: incapacidade, tutela, herdanzas” impartido por Arturo González Salve (avogado)
- “Alimentación e nutrición” impartido por Cristina Conde (Farmacéutica Milhflor)
02 de Outubro do 2020
III Concurso "Jóvenes y Mayores" 2020
01 de Outubro do 2019
01 de Marzal do 2019
© 2010 / 2013 Fundación Dorzán - Todos os dereitos reservados | Aviso legal - Política de privacidade - Zona privada // Deseño web Grupo5.com