Axuda e asistencia ao colectivo da terceira idade
A Fundación Dorzán responde á iniciativa persoal da súa fundadora, Elena Mercedes Blanco Corral, que recollendo as útimas vontades do seu esposo, José Rodríguez “Dorzán”, no ano 2001 crea a Fundación achegando a dotación inicial e doando ademais terreos da súa propiedade situados en Piñor-Barbadás, para que sobre estes se constrúa unha residencia asistencial para persoas maiores e un centro de formación en xeriatría.
Foi constituída mediante escritura autorizada polo Notario de Ourense, D. Enrique Hernanz Vila o día once de maio de dous mil un, co número 910 de Protocolo.
Clasificada como entidade benéfico-social por Orde da Consellería dá Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia do 19 de Outubro de 2001 (D.O.G. N.º 210, do 30 de Outubro).
Declarada de Interese Galego por Orde da Consellería de Sanidade do 14 de Decembro de 2001 (D.O.G. n.º 5, do 8 de Xaneiro de 2002), figurando inscrita no Rexistro Único de Fundacións de Interese Galego co número 2001/34.
O Padroado da Fundación buscando a máis alta calidade asistencial subscribe un convenio con GERIATROS, S.A., empresa de recoñecida solvencia e profesionalidade no campo da xeriatría, cedéndolle a xestión e explotación da Residencia e reservándose prazas para para o cumprimento dos fins fundacionais.
O 17 de Xullo de 2007 entra en funcionamento a Residencia DORZÁN-GERIATROS cunha capacidade de 163 prazas residenciais.
02 de Outubro do 2020
III Concurso "Jóvenes y Mayores" 2020
01 de Outubro do 2019
01 de Marzal do 2019
© 2010 / 2013 Fundación Dorzán - Todos os dereitos reservados | Aviso legal - Política de privacidade - Zona privada // Deseño web Grupo5.com