Rúa Irmáns Villar, 11 Bajo - 32005 Ourense

ESP / GAL

Entrega de diplomas curso

Curso "Atención especializada a persoas con alzhéimer" 2018

O 17 de decembro tivo lugar o acto de entrega de diplomas da oitava edición do curso “Atención especializada a persoas con alzhéimer” que financia a Fundación  Dorzán e que conta coa colaboración da Consellería de  Sanidade,  Afaor e  Domusvi.

 

O acto celebrado na Delegación da Consellería de  Sanidade da Xunta de Galicia en Ourense, contou coa participación de Laura López del Castillo (Xefa Territorial de  Sanidade), Mª Dolores Neira (Presidenta de  Afaor), Luisa Villamarín (Directora de  Domusvi-Ourense) e Juan Ramón Álvarez Blanco (Presidente da Fundación  Dorzán).

 

Os vinte alumnos participantes no curso celebrado durante o mes de novembro, recibiron un diploma acreditativo dos seus coñecementos e capacitación para a atención especializada a persoas maiores dependentes.

 

Durante o curso, que tivo unha duración de cen horas, ademais do contido da propia materia foron impartidos tres módulos especiais:

-          “Visión médica da enfermidade”por Daniel García – Xefe de Neuroloxía del CHUO

-          “Consideracións legais” por Arturo González Salve – Avogado

-          “Alimentación e nutrición” por Cristina Conde – Farmacéutica de MILHFLOR

Compartir:

La Región
Telemiño
Concello de Barbadás
Funga
Concello de Toén
Domusvi
Seadfood Age
Universidade de Vigo
Afaor
Fundación Dorzán
Consellería de Sanidade
SERVICIO GALEGO SAÚDE - Xerencia de Xestión Integrada de Ourense Verín e O Barco de Valdeorras
Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar