Fundación Dorzán

Español    Galego

Fundación Dorzán

Axuda e asistencia ao colectivo da terceira idade

Patróns de honra

Fundación Dorzán

Dª Elena Mercedes Blanco Corral
Presidenta de Honra

Dª. Elena Mercedes Blanco Corral crea, en 2001, a Fundación Dorzán.

Fiel ás últimas vontades do seu esposo, José Rodríguez “Dorzán”, achega a dotación inicial e ademais doa terreos da súa propiedade situados en Piñor-Barbadás para que sobre estes se constrúa unha residencia asistencial para persoas maiores.

Entre as súas inquietudes persoais sempre estivo presente a de axudar aos máis necesitados e ao longo da súa vida colaborou en diversas obras benéficas, sociais e culturais.

O seu altruísmo e xenerosidade plásmanse nas palabras que pronunciou na inauguración da residencia "...sin nada viñen a este mundo e sen nada pénsome ir".

Ao seu falecemento legou á Fundación todo o seu patrimonio nunha mostra máis da súa filantropía e do seu compromiso e apoio ao labor fundacional.

Fundación Dorzán

D. José Rodríguez Fernández "Dorzán"
Presidente de Honra

Empresario de recoñecido prestixio, foi Delegado de Lotarías e Apostas do Estado en Ourense durante máis de corenta anos e creador de numerosas actividades profesionais en diversos sectores como a administración de lotarías, publicidade, promoción inmobiliaria etc.

Foi ademais un pioneiro do periodismo deportivo na provincia, tarefa que desempeñou durante unha longa traxectoria como informador dende varias correspondencias como as de "O Correo Galego" ou o diario "Marca". Os seus artigos xornalísticos asinábaos co pseudónimo "Dorzán" e con ese nome era coñecido pola maioría dos ourensanos.

Foi inspirador da creación da Fundación e co seu legado sentáronse as bases para a súa constitución.

Fundación Dorzán

Dª María Luisa Blanco Corral
Patrona de Honra

Colaborou desinteresadamente e en todo momento, nas actividades e proxectos promovidos polo Padroado, e a súa última vontade foi unha mostra máis de respaldo e renovación ao seu compromiso fundacional, declarando á Fundación como herdeira universal ao seu falecemento.

Actualidade

18 de Decembro do 2018

Bolsa Fundación Dorzán 2018 - Conclusións

17 de Decembro do 2018

Entrega de diplomas curso

01 de Decembro do 2018

Entrega de premios "I Concurso Novos e Maiores"

© 2010 / 2013 Fundación Dorzán - Todos os dereitos reservados | Aviso legal - Política de privacidade - Zona privada  //  Deseño web Grupo5.com

Fundación Dorzán