Axuda e asistencia ao colectivo da terceira idade
A Fundación Dorzán é unha institución privada sen ánimo de lucro que ten por obxecto cubrir necesidades sociais no colectivo da terceira idade, con especial relevancia nas accións de axuda e asistencia, co fin de mellorar a calidade de vida e o benestar social das persoas maiores.
A súa actividade desenvólvese na Comunidade Autónoma de Galicia, cun ámbito preferente de actuación na provincia de Ourense, e para a consecución dos seus fins a Fundación proxecta as súas actividades nas seguintes áreas de actuación:
Contribuíndo á atención e estanza en residencia xeriátrica daqueles maiores que, por falta de medios ou dunha rede social de apoio, non poden acceder a esta prestación e colaborando con outras institucións sociais na procura de mellorar a calidade de vida neste amplo colectivo.
Promovendo cursos para a formación de técnicos do sector socio-sanitario ou xerontolóxico. Impulsando proxectos formativos de grao, post-grao ou profesional vinculados ao sector da terceira idade. Fomentando a investigación e o estudo de técnicas que melloren a actividade diaria do maior.
Fomentando a información e o coñecemento mediante charlas, conferencias, publicacións ou difusións daqueles aspectos sanitarios, médicos, sociais ou xurídicos relevantes para este colectivo que contribúan a facilitar as actividades da vida diaria do maior ou da súa familia.
02 de Outubro do 2020
III Concurso "Jóvenes y Mayores" 2020
01 de Outubro do 2019
01 de Marzal do 2019
© 2010 / 2013 Fundación Dorzán - Todos os dereitos reservados | Aviso legal - Política de privacidade - Zona privada // Deseño web Grupo5.com