Rúa Irmáns Villar, 11 Bajo - 32005 Ourense

ESP / GAL

Entrega Diplomas - Curso

O pasado 1 de decembro tivo lugar o acto de entrega de diplomas do curso “Atención especializada a persoas con alzheimer” organizado e financiado pola Fundación Dorzán.

 

Celebrado na Delegación de Sanidade da Xunta de Galicia en Ourense, contou coa participación de María Villar (Xefa Territorial da Consellería de Sanidade en Ourense), Mª del Carmen Prieto (Secretaria de AFAOR), Luisa Villamarín (Directora de DOMUSVI - Ourense) e Juan Ramón Álvarez Branco (Presidente da Fundación Dorzán).

 

O curso celebrado durante o mes de novembro alcanzou a súa sétima edición e un total de vinte alumnos recibiron un diploma acreditativo dos seus coñecementos especializados nesta materia e da súa capacitación para a atención especializada a persoas maiores dependentes. Durante o curso, que tivo unha duración de cen horas, ademais do contido propio da materia, foron impartidos catro módulos especiais:

-           “Visión médica da enfermidade” por Daniel García – Xefe de Neurología do CHUO

-           “Coidados bucais” por Juan Gómez Feijóo – Director de Cínica Dental CODE

-           “Consideracións legais” por Arturo González Salve – Avogado

-          “Alimentación e nutrición” por Cristina Conde – Farmacéutica de MILHFLOR

Compartir:

Afaor
Concello de Toén
Cáritas
Consellería de Sanidade
SERVICIO GALEGO SAÚDE - Xerencia de Xestión Integrada de Ourense Verín e O Barco de Valdeorras
Funga
Telemiño
Universidade de Vigo
La Región
Domusvi
Seadfood Age
Consellería de Política Social
Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar