Fundación Dorzán

Español    Galego

Fundación Dorzán

Axuda e asistencia ao colectivo da terceira idade

Colaboración Institucional

A Fundación Dorzán mantén diversos convenios de colaboración con outras entidades, tanto públicas coma privadas, co fin de desenvolver iniciativas conxuntas que contribúan a mellorar a calidade de vida das persoas maiores.

Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e o Servizo Galego de Saúde. Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Para institucionalizar determinados enfermos que despois de pasar polo Complexo Hospitalario, entre o tempo que media entre a súa alta e o acceso a unha praza nun centro residencial público, necesiten un aloxamento alternativo que evite a prolongación innecesaria da súa estanza hospitalaria, así como para proporcionarlles unha atención sociosanitaria de calidade que garanta a súa continuidade asistencial.

  • Xunta de Galicia - Consellería de Sanidade
  • Xunta de Galicia - Consellería de Traballo e Benestar

FUNGA (Fundación Galega para a Tutela de Persoas Adultas)

Para dar solución á problemática dun colectivo desamparado e desasistido formado por persoas maiores tuteladas pola Funga, que en determinadas ocasións precisan do ingreso urxente nunha residencia xeriátrica por encontrarse nunha situación de alarma social e co fin de proporcionarlles unha atención sociosanitaria de calidade que mellore a súa calidade de vida.

  • Funga

Concello de Barbadás

Para institucionalizar a maiores con limitación de autonomía, carentes de recursos e dunha rede social de apoio que precisen do ingreso nun centro xeriátrico como única alternativa posible ante unha situación de precariedade social do beneficiario.

  • Concello de Barbadás

Universidade de Vigo – Vicerreitoría do Campus de Ourense

Para impartir cursos especializados, destinados preferentemente a alumnos en proceso de formación, sobre a atención especializada a enfermos de alzheimer e outras demencias.

  • Universidade de Vigo
  • Vicerreitoría do Campus de Ourense

Afaor

Para fomentar e potenciar programas que melloren a calidade de vida de enfermos e familiares de alzheimer e outras demencias, mediante cursos de formación, talleres de estimulación cognitiva etc.

  • Afaor

© 2010 / 2013 Fundación Dorzán - Todos os dereitos reservados | Aviso legal - Política de privacidade - Zona privada  //  Deseño web Grupo5.com

Fundación Dorzán