24 de Maio do 2024
DESDE 2001
A Fundación Dorzán é unha institución privada sen ánimo de lucro que ten por obxecto cubrir necesidades sociais no colectivo da terceira idade, con especial relevancia nas accións de axuda e asistencia, co fin de mellorar a calidade de vida e o benestar social das persoas maiores.
Para a consecución dos seus fins proxecta as súas actividades en diferentes áreas de actuación.
Sei que o que hoxe comeza é para unha gran obra e sería a miña maior ilusión vela terminada en vida, xa que sen nada vin a este mundo e sen nada me penso ir.
Dª Elena Mercedes Blanco Corral
(Presidenta de honra)
Axudamos a persoas maiores con necesidades mediante a atención e estancia na Residencia Xeriátrica.
Promovemos cursos para a formación de técnicos do sector socio-sanitario ou xerontolóxico.
Fomentamos o coñecemento de apectos sanitarios, sociais ou xurídicos para axudar aos maiores e ás súas familias.
Colaboramos con proxectos de investigación para mellorar a calidade de vida das persoas maiores.
163 PRAZAS
Contribuímos á atención e estancia na residencia xeriátrica daqueles maiores que, por falta de medios ou dunha rede social de apoio, non poden acceder a esta prestación.
Ademais colaboramos con outras institucións sociais na procura de mellorar a calidade de vida neste amplo colectivo.
FUNDACIÓN DORZÁN
24 de Maio do 2024
13 de Decembro do 2023
29 de Setembro do 2023