Rúa Irmáns Villar, 11 Bajo - 32005 Ourense

ESP / GAL

Finalizado

2015

ACTIVIDAD BENÉFICO-SOCIAL 2015

Compartir:

Programa destinado a posibilitar o acceso ás condicións mínimas para o mantemento dunha vida digna daquelas persoas maiores de sesenta anos, sen recursos ou perceptoras de pensións reducidas e con carencias de apoio nas súas redes sociofamiliares.

O obxectivo é mellorar a calidade de vida das persoas maiores con dificultades socioeconómicas, a través da intervención en dúas áreas:

-  Dar cobertura a necesidades básicas de vivenda, alimentación e subministracións dos maiores de sesenta anos en situación de risco de exclusión social que, polo reducido dos seus  ingresos, presentan serias dificultades para facer fronte aos gastos da vida diaria.

-   Promocionar hábitos e condutas que melloren as súas condicións de vida, non só no ámbito socioeconómico, senón tamén no referente a hábitos de vida, a economía familiar e as relacións sociais.

 

O programa, cunha dotación económica de 10.000,00 euros durante o exercicio 2015,  levou a cabo por medio de CÁRITAS DIOCESANA DE OURENSE, que a través dos seus servizos sociais, definiu aos beneficiarios e  estableceu a intervención conforme ao seguinte protocolo: acollida - análise e deseño - intervención/desenvolvo - seguimento.

 

A continuidade do programa, iniciado no ano 2014,  foi un factor determinante á hora de alcanzar os obxectivos propostos. As persoas maiores con escasos recursos económicos e con carencias na área das redes sociofamiliares convertéronse na poboación obxectivo deste proxecto.

 Ao longo de 2015 facilitáronse axudas directas e urxentes á poboación maior de Ourense que ten acreditada a súa necesidade, e a ausencia de poder cubrilas doutro xeito. A intervención social levada a cabo incidiu ademais na coordinación comunitaria, a través da comunicación e a colaboración con outros servizos e programas, incluídos os públicos a través fundamentalmente da activación de derivación de casos.

Conseguiuse paliar e previr situacións de desprotección así como situacións de privación material, en numerosas persoas maiores. Xeráronse, á súa vez, outras respostas de atención persoal, interese e seguimento, que non comportaron directamente percepción de axuda económica, pero si de benestar.

Colaboran

Fundación Dorzán
Seadfood Age
Domusvi
La Región
SERVICIO GALEGO SAÚDE - Xerencia de Xestión Integrada de Ourense Verín e O Barco de Valdeorras
Consellería de Sanidade
Consellería de Política Social
Concello de Barbadás
Universidade de Vigo
Cáritas
Afaor
Concello de Toén
Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar