Rúa Irmáns Villar, 11 Bajo - 32005 Ourense

ESP / GAL

Conferencia en la

"A incapacitación xudicial da persoas maiores" foi o tema tratado na conferencia organizada pola Fundación Dorzán na sede da Asociación de Mulleres Ruráis - Maravalla, en Celanova.
A conferencia foi impartida por D. Rubén García González, Director da FUNGA (Fundación pública galega para a tutela de persoas adultas).
Nun relatorio ameno e instrutivo analizou as peculiaridades da incapacitación e as consecuencias que xera nas persoas maiores con capacidade de obra modificada xudicialmente e a súa protección mediante as figuras xurídicas da tutela, curadoría, defensa xudicial ou administración de bens.
Finalizou expoñendo a finalidade e a función que desempeña na sociedade galega a FUNGA, e destacou o considerable aumento de persoas maiores incapacitadas xudicialmente que se produciu nos últimos anos.
Pechouse a conferencia con varias preguntas ao relator sobre cuestións prácticas da incapacitación e as consecuencias reais no día a día do incapacitado.

Compartir:

Telemiño
Consellería de Política Social
Domusvi
Concello de Barbadás
Concello de Toén
La Región
Afaor
Cáritas
Funga
Consellería de Sanidade
Seadfood Age
Universidade de Vigo
Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar