Rúa Irmáns Villar, 11 Bajo - 32005 Ourense

ESP / GAL

Convenio Sergas - Fundación Dorzán
Música de piano para mellorar o benestar emocional dos pacientes no CHUO

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño e o presidente da Fundación Dorzán Juan Ramón Álvarez Blanco asinan un convenio para o desenvolvemento do programa ¨Música e Saúde” que ten a finalidade de mellorar a estancia hospitalaria a través da música en directo para pacientes hospitalizados, pacientes ambulatorios, familiares e persoal sanitario.

O uso da música en directo xera ambientes máis relaxados, saudables e beneficiosos para os enfermos hospitalizados. Microconciertos de piano, deseñados para un lecer terapéutico, nas unidades de hospitalización facilitarán que o paciente senta máis activo, con actitude positiva, e axudaralle a aliviar a dor, reducir a súa ansiedade e mellorar o seu estado de ánimo.

No acto fíxose unha demostración musical da man do pianista internacional Luis Humberto Cao, xunto co médico o CHUO, Antón Otero, e a estudante de piano Sara Lojo.

O servizo de Humanización do CHUO será o encargado de coordinar e planificar as actuacións musicais co piano dixital cedido pola Fundación Dorzán, integrándoas no calendario do centro e seleccionando aos pianistas participantes. Música de piano para mellorar o benestar emocional dos pacientes no CHUO
 

Colaboran

Compartir:

Galería

Enlaces

Fundación Dorzán
Universidade de Vigo
Afaor
Seadfood Age
Domusvi
SERVICIO GALEGO SAÚDE - Xerencia de Xestión Integrada de Ourense Verín e O Barco de Valdeorras
Cáritas
Consellería de Política Social
Funga
Concello de Barbadás
Telemiño
La Región
Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar