Rúa Irmáns Villar, 11 Bajo - 32005 Ourense

ESP / GAL

Convenio Universidade de Vigo - Fundación Dorzán

O martes, 14 de febreiro, tivo lugar a firma do convenio marco de colaboración entre a Universidade de Vigo e a Fundación Dorzán.

Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo e Secundino Vidal, Vicepresidente da Fundación Dorzán, asinaron un acordo que ten por obxecto a realización conxunta de actividades e proxectos, así como a aplicación práctica dos coñecementos en proveito da sociedade, e máis concretamente en beneficio das persoas maiores.

“A firma deste convenio achéganos á sociedade, pois nos axudará a transferir o coñecemento que se xera na universidade para solucionar problemas sociais. Esta alianza estratéxica coa Fundación Dorzán, permitiranos dedicar talento universitario a mellorar a calidade de vida dos nosos maiores”  indicou Salustiano Mato.

Pola súa banda, Secundino Vidal manifestou que “Para a Fundación Dorzán apoiar á Universidade, á Educación e á Investigación é a mellor forma de mostrar o noso compromiso coa comunidade da nosa contorna, e esperamos seguir colaborando e apoiando actividades ou proxectos conxuntos que contribúan a mellorar o benestar da nosa sociedade en xeral e dos maiores en particular.”

Como primeiro froito deste acordo presentouse a Bolsa Fundación Dorzán, destinada a financiar un proxecto de investigación centrado na área de atención ás persoas maiores, a xeriatría ou a xerontoloxía e dirixida á o alumnado matriculado durante o curso 2016-2017 na Universidade de Vigo - Campus de Ourense e ao persoal docente e investigador (PDI).

Compartir:

Concello de Toén
Consellería de Sanidade
Cáritas
Universidade de Vigo
Concello de Barbadás
Domusvi
La Región
Afaor
Seadfood Age
Fundación Dorzán
Consellería de Política Social
Funga
Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar