Rúa Irmáns Villar, 11 Bajo - 32005 Ourense

ESP / GAL

Curso:

Vinte alumnos da Universidade de Vigo finalizaron a sexta edición do Curso “Intervención socioeducativa con persoas afectadas de alzhéimer”,  impartido durante o últimos tres meses na Facultade de Ciencias da Educación.

 

Esta iniciativa da Fundación Dorzán, apostando pola formación como medio para conseguir o obxectivo de aplicar unha asistencia cualificada e unha prestación de calidade aos maiores dependentes, contou coa colaboración da Vicerrectoría do campus de Ourense, a Facultade de Ciencias da Educación e a Asociación de enfermos de Alzhéimer de Ourense.

 

Os coñecementos adquiridos polos alumnos sobre a enfermidade de alzhéimer, tratamentos farmacolóxicos, recursos institucionais, o papel das familias nesta enfermidade…, contribuirán a unha mellor atención ás persoas afectadas por un persoal cualificado e abrirán novas oportunidades laborais ao alumnado que o realizou.

 

No acto de clausura e entrega de diplomas do curso participaron, Mar García, decana da Facultade de Ciencias da Educación, Mª Dolores Neira, presidenta de Afaor e Juan Ramón Álvarez Blanco, Presidente da Fundación Dorzán.

Compartir:

Telemiño
Cáritas
Fundación Dorzán
Seadfood Age
Universidade de Vigo
Concello de Barbadás
Afaor
Funga
Domusvi
Concello de Toén
Consellería de Sanidade
Consellería de Política Social
Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar