Rúa Irmáns Villar, 11 Bajo - 32005 Ourense

ESP / GAL

El camino de las Estrellas

A Santiago coa Fundación Dorzán

 

A Fundación Dorzán organizou unha pequena etapa do Camiño de Santiago na que participaron vintecinco usuarios, acompañados de quince coidadores, das residencias Domusvi en Barbadás, Ourense, Pereiro e Barra de Miño.

Un tramo de cinco quilómetros da camiño francés foi a ruta deseñada por Alberto Cacharrón, para uns "peregrinos por un día" que viviron o día coma se partiran de Roncesvalles.

 

Despois de dúas horas de lenta camiñada pola beira do río Sarela, cada un ao seu ritmo chegou á Carballeira de San Lourenzo onde recuperaron as forzas antes de dirixirse á praza do Obradoiro, á catedral, á Porta Santa e remataron o día na sede de a Obra social de Abanca onde recibiron o Compostela.

 

Unha experiencia inesquecible chea de emoción e sentimento, reflectida sobre todo nos rostros dos "peregrinos" á súa chegada á praza do Obradoiro, que despois de ano e medio sen poder abandonar os seus centros gozaron dun día único e diferente que todos quedaron dispostos a repetir.

Colaboran

Compartir:

Galería

Telemiño
Cáritas
Concello de Toén
La Región
Domusvi
Fundación Dorzán
Afaor
Seadfood Age
Consellería de Política Social
Funga
Universidade de Vigo
Concello de Barbadás
Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar