Rúa Irmáns Villar, 11 Bajo - 32005 Ourense

ESP / GAL

Entrega diplomas - Curso atención especializada a mayores dependientes - 2015

O pasado 27 de novembro tivo lugar a entrega de diplomas do curso “Atención especializada a persoas maiores dependentes 2015”, organizado e financiado na súa totalidade pola Fundación Dorzán.

O acto celebrado nas instalacións da residencia Dorzán-Geriatros en Piñor , contou coa participación de Angeles  Branco (Presidenta de AFAOR), José Manuel Solla (Director de Geriatros) e Juan Ramón Álvarez Branco (Presidente da Fundación Dorzán).

O curso celebrado durante os meses de outubro e novembro e que este ano alcanzou a súa quinta edición,  foi declarado de Interese Sanitario pola Consellería de Sanidade e un total de vinte alumnos recibiron un diploma acreditativo dos seus coñecementos especializados nesta  materia e da súa capacitación para a atención especializada a persoas maiores dependentes.

Compartir:

La Región
SERVICIO GALEGO SAÚDE - Xerencia de Xestión Integrada de Ourense Verín e O Barco de Valdeorras
Telemiño
Seadfood Age
Funga
Afaor
Fundación Dorzán
Consellería de Política Social
Concello de Toén
Concello de Barbadás
Domusvi
Universidade de Vigo
Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar