Axuda e asistencia ao colectivo da terceira idade
o San Pedro de Moreiras (Toén) - de maio a outubro
o Alongos (Toén) - de marzo a maio
o San Ciprián de Viñas - de setembro a decembro
o A Valenzá(Barbadás) - de xaneiro a novembro
o Piñor (Barbadás) - de xaneiro a novembro
o Finca Fierro (Barbadás) - de xaneiro a novembro
o Seixalvo– de abril a maio
Programa destinado a posibilitar o acceso ás condicións mínimas para o mantemento dunha vida digna daquelas persoas maiores de sesenta anos, sen recursos ou perceptoras de pensións reducidas e con carencias de apoio nas súas redes sociofamiliares.
O obxectivo é mellorar a calidade de vida das persoas maiores con dificultades socioeconómicas, a través da intervención en dúas áreas:
- Dar cobertura a necesidades básicas de vivenda, alimentación e subministracións dos maiores de sesenta anos en situación de risco de exclusión social que, polo reducido dos seus ingresos, presentan serias dificultades para facer fronte aos gastos da vida diaria.
- Promocionar hábitos e condutas que melloren as súas condicións de vida, non só no ámbito socioeconómico, senón tamén no referente a hábitos de vida, a economía familiar e as relacións sociais.
O programa, cunha dotación económica de 10.000,00 euros durante o exercicio 2015, levou a cabo por medio de CÁRITAS DIOCESANA DE OURENSE, que a través dos seus servizos sociais, definiu aos beneficiarios e estableceu a intervención conforme ao seguinte protocolo: acollida - análise e deseño - intervención/desenvolvo - seguimento.
A continuidade do programa, iniciado no ano 2014, foi un factor determinante á hora de alcanzar os obxectivos propostos. As persoas maiores con escasos recursos económicos e con carencias na área das redes sociofamiliares convertéronse na poboación obxectivo deste proxecto.
Ao longo de 2015 facilitáronse axudas directas e urxentes á poboación maior de Ourense que ten acreditada a súa necesidade, e a ausencia de poder cubrilas doutro xeito. A intervención social levada a cabo incidiu ademais na coordinación comunitaria, a través da comunicación e a colaboración con outros servizos e programas, incluídos os públicos a través fundamentalmente da activación de derivación de casos.
Conseguiuse paliar e previr situacións de desprotección así como situacións de privación material, en numerosas persoas maiores. Xeráronse, á súa vez, outras respostas de atención persoal, interese e seguimento, que non comportaron directamente percepción de axuda económica, pero si de benestar.
Organizado en colaboración con:
- Universidade de Vigo - Vicerreitoría do Campus de Ourense
- Afaor (Asociación de familiares de enfermos de alzheimer de Ourense)
Declarado de "Interese Sanitario" pola Consellería de Sanidade
Destinatarios: Traballadores Sociais, Psicopedagogos, Psicólogos, Terapeutas ocupacionais.
Lugar: Clases teóricas: Facultade de Ciencias da Educación do Campus de Ourense
Clases prácticas: Instalacións de AFAOR
Datas de celebración: do 6 de Febreiro ao 17 Abril
Duración: 60 Horas
Nº de prazas: 20 prazas
Actos de presentación e de clausura
Celebrouse un acto de presentación aos medios de comunicación na Facultade de Ciencias da Educación do Campus, que contou coa presenza de Virxilio Rodríguez (Vicerreitor do Campus de Ourense), Mar García (Decana de Ciencias da Eduación), Óscar Doval (Xerente de Afaor) e Juan Ramón Álvarez Branco (Presidente da Fundación Dorzán).
O acto de entrega de diplomas celebrouse na aula de Graos da Facultade de Ciencias da Educación e contou coa presenza de Antonio Fernández (Secretario da facultade de Ciencias da Educación), Juan Cid Pérez (Vicepresidente de Afaor) e Juan Ramón Álvarez Branco (Presidente da Fundación Dorzán).
Declarado de "Interese Sanitario" pola Consellería de Sanidade
Lugar: Centro Cívico A Cuña
Clases prácticas: Residencia Dorzán-Geriatros
Data de celebración: do 5 de outubro ao 6 de novembro
Duración: 100 Horas
Nº de alumnos: 20
Actos de presentación e de clausura
Celebrouse un acto de presentación aos medios de comunicación que contou coa presenza de María Dores Neira (Vicepresidenta de Afaor) e Secundino Vidal Rodríguez (Vicepresidente da Fundación Dorzán).
O acto de entrega de diplomas celebrouse na residencia Dorzán-Geriatros e contou coa presenza de José Manuel Solla (Director Residencia Dorzán-Geriatros), Angeles Branco (Presidenta de Afaor) e Juan Ramón Álvarez Branco (Presidente da Fundación Dorzán).
07 de Febreiro do 2019
Convenio SERGAS - FUNDACIÓN DORZÁN Programa
18 de Decembro do 2018
Bolsa Fundación Dorzán 2018 - Conclusións
17 de Decembro do 2018
© 2010 / 2013 Fundación Dorzán - Todos os dereitos reservados | Aviso legal - Política de privacidade - Zona privada // Deseño web Grupo5.com