Rúa Irmáns Villar, 11 Bajo - 32005 Ourense

ESP / GAL

Beca Fundación Dorzán 2019

En colaboración coa Universidade de Vigo-Campus de Ourense, convócase  a terceira edición da “Bolsa Fundación Dorzán” 2019, co obxecto de facilitar  apoio económico para a realización dun traballo científico na área de atención ás persoas maiores, a xerontoloxía ou a xeriatría.

O ámbito da convocatoria esténdese a alumnos matriculados durante o curso 2018-2019 na Universidade de Vigo-Campus de Ourense e a persoal docente e investigador (PDI).

O prazo de presentación  da solicitude e a memoria explicativa do proxecto co que se pretenda optar á bolsa, finaliza o 20 de Maio de 2019.

A dotación económica do proxecto seleccionado ascenderá á cantidade global de 1.500,00 euros.

As bases da bolsa, así como a folla de inscrición atópanse dispoñibles na páxina web da Fundación Dorzán:

www.fundaciondorzan.org

Compartir:

Concello de Barbadás
Afaor
Universidade de Vigo
La Región
Cáritas
Funga
Consellería de Política Social
Telemiño
Seadfood Age
Concello de Toén
Domusvi
Fundación Dorzán
Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar