Rúa Irmáns Villar, 11 Bajo - 32005 Ourense

ESP / GAL

Convenio SERGAS - FUNDACIÓN DORZÁN

A Fundación  Dorzán e o Servizo  Galego de  Saúde, a través do  Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, asinaron un convenio  para desenvolver un programa de acompañamento a pacientes recentemente intervidos  do departamento de  Traumatología e Cirurxía do  CHUO.

 

Este programa dirixido a maiores de 60 anos, con escaseza  de recursos ou falta de rede social de apoio, consistirá no acompañamento no centro hospitalario para realizar exercicios de mobilidade prescritos polo servizo correspondente co fin de axilizar a recuperación para o regreso ao seu domicilio.

 

“Esta iniciativa coloca a  EOXI de Ourense nun lugar pioneiro e avanzado no manexo deste tipo de situacións e dará aos pacientes ese empuxón moral para que se animen a levantarse da cama e a realizar os paseos que se lles prescriban” indicou Julio García  Comesaña, xerente do  CHUO.

 

O programa será tramitado e xestionado a través do Servizo de Traballo Social do  Complexo Hospitalario Universitario de Ourense e será financiado na súa totalidade pola Fundación  Dorzán.

Colaboran

Compartir:

Afaor
SERVICIO GALEGO SAÚDE - Xerencia de Xestión Integrada de Ourense Verín e O Barco de Valdeorras
Funga
Fundación Dorzán
Consellería de Política Social
Domusvi
La Región
Telemiño
Consellería de Sanidade
Universidade de Vigo
Concello de Barbadás
Cáritas
Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar