Rúa Irmáns Villar, 11 Bajo - 32005 Ourense

ESP / GAL

Convenio Cáritas-Fundación Dorzán 2024
A Fundación Dorzán colabora con Cáritas na atención social a persoas maiores de 60 anos.

A Fundación Dorzán achega 20.000 euros ao proxecto de emerxencia social: “Acompañote-2024”

A directora de Cáritas Diocesana de Ourense, María Tabarés e o vicepresidente da Fundación Dorzán, Secundino #Vidal, asinan un convenio para o desenvolvemento dun proxecto enfocado especialmente contra a soidade non desexada dos maiores: “Acompaño-che 2024”.

Cáritas será a encargada de implementar este proxecto durante 2024, dirixido a mellorar a calidade de vida e ao mantemento da autonomía das persoas maiores de modo que poidan, na medida do posible, seguir envellecendo no seu propio fogar.

A loita contra a crecente soidade non desexada dos maiores e a precariedade derivada da actual situación económica son o principal obxectivo do programa. Para iso prestarase apoio telefónico e presencial, acompañamento en trámites #ante a administración e organismos privados, tramitaranse axudas directas para complementar coberturas básicas de vivenda, alimentación, subministracións e gastos farmacéuticos e sanitarios non cubertos polo sistema público.

A dotación do proxecto que financia a Fundación Dorzán ascende a 20.000 euros e está enfocado a maiores de 60 anos en situación vulnerable e de emerxencia social.


 

Colaboran

Compartir:

Galería

Concello de Toén
Universidade de Vigo
Consellería de Política Social
Domusvi
Fundación Dorzán
Afaor
Consellería de Sanidade
Seadfood Age
Telemiño
Cáritas
Funga
La Región
Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar