Rúa Irmáns Villar, 11 Bajo - 32005 Ourense

ESP / GAL

IV Concurso

La Región e a Fundación  Dorzán convocan a cuarta edición do seu certame de relatos e ilustracións, que fomenta as relacións interxeracionais e que estará aberto para recibir traballos ata este luns, día 8 de novembro. Por cuarto ano consecutivo, chega o concurso de relato e debuxo "Novos e maiores", unha proposta para poñer en valor  as relacións interxeracionais e resaltar o papel que os máis veteranos poden ter na educación dos máis novos.

A temática das obras terá que versar sobre o nexo novos-maiores en catro eixos: a relación dos nenos cos seus avós ou as persoas maiores da súa contorna, o vínculo interxeracional de maiores e novos, a continuidade das relacións afectivas neto avó e a integración das persoas maiores na familia e na sociedade.

Como cada ano, o certame está aberto a todo o alumnado de Educación Primaria, Secundaria e Educación Especial de calquera centro educativo da provincia de Ourense e adultos a partir de 65 anos. Haberá dúas categorías. Na primeira estableceranse tres  subapartados para alumnos do primeiro ciclo de Primaria (primeiro, segundo e terceiro curso) conxunta de debuxo e redacción, unha segunda para o segundo ciclo (cuarto, quinto e sexto curso), unha terceira para os alumnos de toda a ESO e unha quinta para estudantes de Educación Especial. Na segunda categoría premiaranse os traballos de debuxo e redacción dos maiores de 65 anos. No segundo ciclo de Primaria e ESO entregaranse dous premios diferentes: un na categoría de debuxo e outro na de redacción.

O certame da Región e a Fundación  Dorzán celebra este ano a súa cuarta edición

O prazo de inscrición para o concurso, que o ano pasado recibiu máis de 600 traballos, estará aberto ata o 8 de novembro.

Colaboran

Compartir:

Galería

Documentos

Funga
Cáritas
Telemiño
Universidade de Vigo
Fundación Dorzán
La Región
Concello de Barbadás
Seadfood Age
Consellería de Política Social
Consellería de Sanidade
Domusvi
Concello de Toén
Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar