Rúa Irmáns Villar, 11 Bajo - 32005 Ourense

ESP / GAL

Finalizado

2020 / Concursos

CURSO DE FORMACIÓN (10ª edición)

Compartir:

X curso "Atención especializada a enfermos de Alzheimer"

- Dentro da área de formación da Fundación Dorzán, impartiuse por décimo ano consecutivo do 9 de novembro ao 4 de decembro de 2020 un curso de formación teórico-práctica sobre atención especializada e coidados que precisan as persoas maiores dependentes.
- O obxectivo deste curso é promover a formación especializada para mellorar a calidade de vida das persoas maiores dependentes, ante a necesidade de axuda que presentan tanto estas persoas como as súas familias.
- O curso foi declarado de “Interese Sanitario” pola Consellería de Sanidade, e ao remate do curso entregouse un certificado de superación.
-Durou 60 horas lectivas.
- Foi aberto e dirixido tanto a profesionais, a persoas con familiares a cargo como a persoas que só querían formarse nesta especialidade.
- Tanto os módulos teóricos como os prácticos foron impartidos por unha psicóloga, unha auxiliar de xeriatría e un fisioterapeuta pertencentes á Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Ourense (Afaor), entidade que conta cunha ampla experiencia e que goza de recoñecido prestixio neste sector.
- Temario
o Módulo I: "Introdución á enfermidade de Alzheimer"
o Módulo II: "Demencias, enfermidade de Alzheimer, tratamentos"
o Módulo III: "Complicacións físicas e psicolóxicas en enfermos de Alzheimer"
o Módulo IV: “Atención especializada”
o Módulo V: "Contribución aos enfermos de Alzheimer"
o Módulo VI: "Problemas familiares"


 

Colaboran

Fundación Dorzán
Cáritas
Universidade de Vigo
Telemiño
Consellería de Política Social
Concello de Toén
Seadfood Age
Consellería de Sanidade
Afaor
La Región
Domusvi
Funga
Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar